CRTVG

Buscar

A policía investiga unha vaga de roubos en Ferrol

Publicado o 03/08/2020 15:11

Esther Maseda vive aínda co medo no corpo. Ausentouse un par de horas da súa casa, un oitavo piso deste edificio do barrio ferrolán de Caranza e, cando volveu, atopou a porta forzada.

Levaron as xoias. Alianzas e todo o que tiña, di Ester Maseda, unha das veciñas afectadas.

Non foi a única vivenda asaltada. Os ladróns aproveitaron a visita á hora do mediodía para entrar noutro piso que nese momento tamén estaba baleiro.

Entre os veciños hai preocupación porque se trata dun barrio onde viven moitas persoas maiores e, en moitos casos, soas.

A onda de roubos tamén chega aos establecementos de hostalería. Os asaltantes rebentaron as máquinas comecartos en tres locais do centro de Ferrol. A Policía Nacional mantén aberta unha investigación para dar cos responsables deste roubos.

Noticias web

03/08/2020