CRTVG

Buscar

A Policía investiga unha festa en Córdoba tras dar positivo en covid-19 o príncipe Xoaquín de Bélxica

Publicado o 30/05/2020 21:14

A Policía investiga a celebración dunha festa en Córdoba, que puido ser ilegal por participaren 27 persoas e superar así o número de asistentes permitido. Todos foron postos en corentena, despois de que un dos participantes, un aristócrata pertencente á familia real belga, dera positivo en covid-19.

O príncipe Xoaquín, sobriño do rei de Bélxica, supostamente viaxou a Madrid en avión o 24 de maio, e despois a Córdoba no AVE. Crese que alí participou nunha festa privada con 27 persoas, o que supera así o número de asistentes permitidos. Tras presentar síntomas compatibles co coronavirus, unha proba PCR confirmaba o vernes o positivo.

A Consellería de Sanidade iniciaba o protocolo e trazaba o percorrido realizado polo aristócrata. Os outros participantes da festa foron localizados. Todos deberán permanecer en corentena.
Córdoba está desde o luns pasado na fase 2, que limita as reunións a un máximo de 15 persoas.
De confirmárense as irregularidades, as sancións poden chegar aos 600 mil euros.

Noticias web

30/05/2020