CRTVG

Buscar

A policía investiga un intento de agresión en Santiago

Publicado o 15/10/2019 13:37

A Policía Nacional investiga un intento de agresión que tivo lugar en Santiago. Un mozo perseguiu a outro cun coitelo de cociña despois de discutir nun bar. Segundo distintas testemuñas, os dous coñecidos estaban baixo os efecto de alcol e substancias euforizantes.

Todo comezou no bar onde os dous homes, que ao parecer se coñecen, estaban tomando algo. Nun momento da conversa comezaron cunha lea. Foi entón cando a discusión foi subindo de intensidade e chegaron as ameazas. Sairon fora onde seguiron berrando e discutindo.

Un deles, fora de sí segundo testemuñas presenciais, entrou na cociña do local onde estiveran tomando e colleu o coitelo máis grande que atopou na cociña. Seguidamente saíu a correr detrás do seu compañeiro. O ameazado fuxíu pola rúa de Concheiros arriba, cara San Pedro, para escapar da agresión.

Para entón os veciños xa chamaran a policía, que se presentou con varias patrullas na rúa. Os axentes puideron localizar ao portante do coitelo a uns 500 metros do bar diante deste portal. Alí tentaron reducilo para detelo, pero o estado de euforia desmedida que presentaba fixo necesaria a presenza dunha ambulancia do 061 para tentar tranquilizalo con asistencia médica.

Finalmente conseguiron controlalo e levalo á comisaría. Ao parecer estas dúas persoas non son clientes habituais do local, pero sí que son coñecidos na veciñanza por selos causantes de leas parecidas a esta que protagonizaron, pero ata o momento nunca tiñan empregado arma ningunha. A Policía Nacional instrue as dilixencias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/10/2019