CRTVG

Buscar

A policía investiga tres roubos en vivendas de distintos barrios de Ourense

Publicado o 08/10/2019 14:28

Os ladróns fixeron o seu percorrido por Ourense en apenas dous días e en tres barrios distintos da cidade: O Couto, Mariñamansa e a zona centro. Trátase de bandas organizadas e itinerantes que non quedan na mesma cidade máis de 48 horas.

A Policía detectou un incremento dos roubos con forza en Ourense, uns vinte máis que o ano pasado. E lembran que estes últimos asaltos foron a a plena luz do día e en vivendas nas que pecharan a porta sen pasar a chave. Case nunca hai testemuñas e os ladróns son quen de forzar a porta de entrada dunha vivenda en apenas un minuto.

De feito, a policía calcula que arredor do cincuenta por cento da xente non pecha a súa porta con chave o saír da casa. Recomendan extremar a precaución ante a presenza de extraños e adoptar certas medidas de seguridade.

No que vai de ano producíronse en Ourense 129 roubos con forza, 55 deles en vivendas.

Noticias web

08/10/2019