A policía investiga se ao octoxenario de Sárdoma o mataron para roubalo
Publicado o 10/01/2019 14:00
A Policía Nacional investiga o círculo do octoxenario que apareceu morto nunha zona boscosa na parroquia viguesa de Sárdoma, e trata de indagar se foi vítima dun roubo. Son as dúas vías en que se moven os investigadores, que desbotan que o home levara habitualmente grandes sumas de cartos, tal e como comentaran algúns veciños.
Fontes policiais apuntan a que os golpes na cabeza que presentaba a vítima foron moi contundentes. O xulgado de instrución número 8 de Vigo decretou o segredo de sumario.
E no que non se atoparon signos de violencia foi no cadáver doutro home de 60 anos, que apareceu aboiando no río Barxa, en Beade. Segundo fontes policiais, trátase dun veciño desaparecido dende o 8 de xaneiro.