CRTVG

Buscar

A policía investiga os últimos roubos en vivendas da Coruña

Publicado o 26/08/2019 14:39

Unha das vivendas asaltadas está no barrio de Monte Alto. Os propietarios saíron da casa ás sete e media da tarde do venres pasado e cando regresaron, dúas horas despois, descubriron que foran vítimas dun roubo.

"Entraron co can na casa. Foron directos aos xoieiros e levaron as xoias e tamén cartos en metálico".

O deles non é un caso illado. Nos últimos tres días os ladróns entraron noutras cinco vivendas dos barrios da Zapateira, Os Castros, Os Rosais e Durmideiras. Para acceder ao interior, forzan as pechaduras ou aproveitan unha ventá aberta. Xa dentro, andan á procura de cartos e xoias.

"Van aos obxectos de valor: cartos e xoias". "Eu cando marcho da casa pecho ben..."

Ante esta vaga de roubos na cidade herculina, os veciños solicitan máis vixilancia para poder estar tranquilos.

"Policía pouca se ve...". "O medo sempre o tes...".

A Policía Nacional é quen se encarga de investigar os seis roubos que, a día de hoxe, foron denunciados. Porén, non se desbota que aparezan máis casos, xa que os asaltantes adoitan actuar aproveitando que os propietarios das casas marchan de fin de semana ou mesmo de vacacións.

Noticias web

26/08/2019