CRTVG

Buscar

A policía investiga o suposto asasinato dunha muller a mans da súa parella en Pozuelo

Publicado o 06/06/2021 20:52

En Madrid investigan como posible crime machista o asasinato dunha muller de 59 anos nunha urbanización de Pozuelo.

O seu marido, de 66, suicidouse presuntamente coa mesma arma longa con que disparou á muller e que os investigadores atoparon na vivenda.

As primeiras hipóteses apuntan que houbo unha discusión previa entre a parella. De confirmarse, serían 17 as vítimas da violencia machista en España no que vai deste 2021.

 

 

Noticias web

06/06/2021