CRTVG

Buscar

A policía investiga o suicidio dunha muller en Madrid despois da difusión dun vídeo sexual

Publicado o 29/05/2019 13:27

A policía investiga o suicidio dunha traballadora da fábrica de camións Iveco de San Fernando de Henares, despois da difusión dun vídeo sexual.

As imaxes, gravadas pola muller anos atrás, distribuíronse por WhatsApp entre os seus compañeiros de traballo.

A comisaría de policía de Alcalá de Henares abriu unha investigación sobre o caso dunha muller que se suicidou ao difundirse un vídeo seu de carácter sexual entre os seus compañeiros de traballo.
A muller falecida, de 32 anos e nai de dous nenos pequenos, traballaba na fábrica de camións de Iveco na localidade madrileña de San Fernando de Henares, e gravara as imaxes cinco anos antes.

"Moita mágoa. É algo que non agardabamos e pillounos todo moi forte.
Ti coñecíala?
Non, traballaba na zona, pero non a coñezo persoalmente".

Os axentes están a analizar o vídeo e comprobando quen o compartiu a través do WhatsApp.
Polo momento, non hai detidos e investígase se foi unha antiga parella da falecida ou ela mesma sen querer a que difundiu por vez primeira as imaxes.

Noticias web

29/05/2019