A policía investiga o home que apareceu cun tiro na cabeza por tenza ilícita de armas
Publicado o 15/04/2021 14:37

Continúa en estado grave o home que apareceu ferido nun banco por un disparo de bala na cabeza na zona de Valdecorvos, en Pontevedra.
Nun primeiro momento, o home, de 54 anos, foi detido por un presunto delito de tenza ilícita de armas, xa que no vehículo do que baixou foi localizada unha pistola para a que non dispoñía de licenza. Agora o sospeitoso pasou de detido a investigado e os axentes están á espera de poder interrogalo para esclarecer as circunstancias das lesións. Non se descarta o intento de suicidio, unha agresión ou incluso un accidente.