CRTVG

Buscar

A policía investiga a morte dun veciño de Vilagarcía que apareceu acoitelado na casa

Publicado o 06/08/2018 13:55

As primeiras pescudas policiais apuntan a que non hai criminalidade no caso dun veciño de Vilagarcía que onte aparece acoitelado na casa en que vivía.O home, de 42 anos,  tiña unha lesión mortal no costado.

A vítima, José Ángel Fontenla Fernández, estaba na casa en que residía neste lugar próximo a Vilagarcía de Arousa. Foi un irmán quen o encontrou morto cunha coitelada no costado.

Segundo a información que transcendeu do caso, inspeccionaron a vivenda efectivos da Policía na procura de restos e probas que permitan aclarar as circunstancias en que se produciu a morte.

A causa foi unha coitelada e ao lado da cadáver había unha coitelo. O corpo trasladárono ao instituto de Medicina Legal de Pontevedra para efectuar a autopsia.

O falecido, coñecido como Pistón, tiña 42 anos. O seu corpo será incinerado mañá á tarde, segundo sinala a esquela colocada en varios puntos da zona en que vívia e onde reside a súa familia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2018