CRTVG

Buscar

A policía investiga a morte dun bebé que a súa nai levaba envolto en mantas en Tenerife

Publicado o 13/06/2018 15:00
A policía investiga a morte dun bebé que a súa nai levaba envolto en mantas en Tenerife

Descobre que a muller que viaxaba como pasaxeira no seu taxi en Tenerife agochaba canda ela o cadáver dun bebé. O taxista observou que a muller, que viaxaba xunto cun neno de catro anos, trataba de agochar algo nunhas mantas. O tamaño do vulto fíxolle desconfiar. Deu aviso á policía que descubriu que o que escondía era o cadáver dun bebé. A policía investiga o suceso. A muller, de 27 anos, foi trasladada ao hospital local e o menor quedou ao cargo dos Servizos Sociais tinerfeños.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí