CRTVG

Buscar

A policía investiga a morte de dous cans pechados nun piso de Lugo

Publicado o 18/07/2019 14:28
A policía investiga a morte de dous cans pechados nun piso de Lugo

A Policía Local de Lugo atopou dous cans mortos no interior dunha vivenda do centro da cidade. Foron os veciños os que deron a alerta logo de varios días aturando fortes cheiros procedentes do inmoble. Os animais mortos estaban tapados cunha manta e en avanzado estado de descomposición.

Mentres tanto, na casa había suficiente comida para cans, polo que se especula que puideron morrer de sede ou que fosen intoxicados con algunha substancia.

A policía xa está a investigar a dona dos cans para determinar se actuou con eles de xeito irresponsable.

Noticias web

18/07/2019