CRTVG

Buscar

A polícia interveu en 300 festas ilegais en Madrid durante a fin de semana

Publicado o 27/10/2020 08:26

Realmente non sabemos que máis fai falta escoitar para que se deixen de producir condutas que nos poñen a todos en risco.

Só en Madrid, durante a fin de semana, a policía interveu en 300 festas ilegais. Festas que se dan na rúa, en domicilios ou incluso en locais. Cando os axentes chegan descobren aglomeracións de mozos fóra do horario permitido, xente sen máscara e sen distancia de seguridade.

É o caso deste local do centro de Madrid. A festa, a porta cerrada. A policía tivo que activar un dispositivo especial para lograr entrar. Dentro, 36 persoas; resultado: tres detidos e incautación de estupefacientes. Finalmente, tras a intervención dos axentes, o local baleirouse ás 6:15, cando o libre movemento xa estaba permitido.

Noticias web

27/10/2020