A policía intervén noutro botellón en Lugo con ducias de grupos de mozos e mozas
Papeleiras cheas, vasos de plástico. Son os restos no parque Rosalía de Lugo tras o último botellón.
"É unha constante e en verán a diario. Os ruídos, os estragos, o lixo que xeran", di Borja Martínez, porteiro nunha comunidade de veciños do parque.
Xúntanse a plena luz do día e sen respectar ningunha das medidas sanitarias, e ante a mirada atónita dos veciños que pasean ou as familias que veñen a gozar do parque.
"Está todo cheo de cristais, e a xente podese mancar"; "Será que tamén é unha zona de díficil acceso para a policía", comentan os veciños.
Aínda así cando chegan as patrullas.
"Non é tan doado atrapar aos rapaces que cando ven a policía escapan correndo", engade Borja.
Os veciños quéixanse de que a escena se repite cada fin de semana e do escaso mantemento da zona do principal espazo verde da cidade.