CRTVG

Buscar

A policía informa nos mercados vigueses como evitar os roubos durante o verán

Publicado o 25/08/2021 15:36

Trátase dunha campaña que a policía está a levar a cabo en lugares onde saben que poden chegar a un bo número de persoas, como este mercado de Bouzas. Aquí colocaron carteis e folletos coma estes para alertar a poboación sobre a proliferación este verán de roubos en vivendas por parte de bandas organizadas do Leste, como xeorxianos ou albanokosovares. Unha campaña contra os asaltos que se estenderá tamén a outras prazas de abastos da cidade.

Facer corpo común contra os roubos, iso é o que nos recomenda a Policía Nacional. Nos postos do mercado de Bouzas os clientes poden ler as instrucións para evitar que os amigos do alleo accedan ás súas vivendas.

Contando coa axuda dos comerciantes, a policía pretende frear a unha acción delituosa, que algúns xa sufriron. Comerciantes e clientes teñen ben claras as instrucións, e xa as están a poñer en práctica. Unha campaña dirixida especialmente aos maiores.

Non abrir a porta a descoñecidos, deixar as fiestras pechadas, ou facer que a casa pareza habitada son algunhas das recomendacións para evitar que estes delincuentes fagan o seu agosto.

Noticias web

25/08/2021