CRTVG

Buscar

A disposición xudicial os detidos polos alixo de cocaína incautado en Ourense

Publicado o 21/01/2019 08:27

• Os 400 quilos de cocaína chegaron a Portugal procedentes de Colombia e foron trasladados en caixas de froita ata Ourense. A investigación mantense baixo segredo de sumario

Esta operación, que está baixo segredo de sumario, é froito da colaboración do Greco da Policía Nacional coa Policía colombiana e portuguesa. Desde hai meses investigaban o traslado dun alixo, que chegou a Portugal procedente de Colombia nun colector desembarcado no porto de Leixões, entre caixas de froita.

Segundo as primeiras informacións que transcenderon, a droga, arredor duns 400 quilos, foi trasladada nun camión con matrícula portuguesa ata unha empresa do polígono de San Cibrao, en Ourense, onde se practicou a incautación.

Na operación a policía detivo de momento oito persoas, entre eles o propietario da empresa de venta de froita.O caso foi derivado ao xulgado número 1 de Pontevedra e durante esta xornada non houbo pasos a disposición xudicial.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2019