A policía impide novos intentos de 'botellón' no campus universitario de Lugo
Case mil persoas foron sancionadas esta fin de semana en Galicia por saltaren as restricións establecidas para conter a propagación do coronavirus. Houbo centos de controis e actuacións policiais, unha delas, en Lugo, os axentes disolveron un botellón no campus universitario.
Ese botellón celebrábase o sábado na zona do anfiteatro no campus universitario de Lugo e na tarde de hoxe, sobre as 18 horas, os axentes da Policía Local propoñían para sanción a varios mozos que estaban bebendo na mesma zona e tamén nun parque próximo.
Os rapaces, que estaban consumindo alcohol no exterior, eran menores de idade. Mañá é festivo en Lugo, como noutras localidades de Galicia e iso leva aos axentes a intensificar os controis.
O que contan os axentes é que notan que os mozos, moitos deles menores de idade, agora buscan lugares moito máis afastados que facían con anterioridade e con menos luz para celebrar estes botellóns que non están autorizados.