CRTVG

Buscar

A policía identifica unha vintena de persoas nun local de copas en Vigo

Publicado o 17/04/2021 11:43

Unha vintena de persoas foron identificadas a primeira hora deste sábado nun local de copas da rúa Urzaiz, fronte á Farola, no centro de Vigo. Ata quince unidades da Policía Nacional e da Policía Local participaron no dispositivo, que se prolongou ata media mañá e que incluíu un rexistro deste local.

Non era a primeira vez que os axentes tiñan que acudir a este after antes de que se decretase o toque de queda. O que máis chama a atención da actuación desta mañá é o amplo dispositivo policial e o feito de que máis de 20 persoas estivesen aínda no interior do local despois de, presuntamente, pasar a madrugada de festa. Todos eles foron identificados ao tempo que se lles tramitaba a proposta de sanción por infracción da Lei de saúde de Galicia. Os donos do local poderían enfrontarse a unha multa de 60.000 euros, como mínimo. Tras os rexistros practicados, pouco antes deste mediodía eran conducidos dous responsables deste local cara á comisaría para declarar tamén sobre un presunto delito de tráfico de drogas.

 

Noticias web

17/04/2021