CRTVG

Buscar

A Policía holandesa detén un home preto da rúa na que se produciu o ataque cun coitelo

Publicado o 30/11/2019 09:57

E outro ataque a coiteladas na tarde do venres deixou tres persoas feridas na Haia.
O acoitelamento tivo lugar nunha rúa comercial do centro da cidade, que nese momento estaba ateigada de xente facendo compras polo Black Friday. A última hora da noite do venres a Policía holandesa detivo un home preto desa rúa, aínda que se descoñece se é o presunto autor do ataque, buscado polas autoridades. A policía non cre que o atacante teña unha motivación terrorista, aínda que non descarta polo momento esa hipótese... Os tres feridos, que son menores, xa foron dados de alta.

Noticias web

30/11/2019