CRTVG

Buscar

A policía francesa usa gas lacrimóxeno contra os chalecos amarillos en París

Publicado o 06/04/2019 20:07

A policía francesa tivo que empregar gas lacrimóxeno para dispersar as concentracións de manifestantes, que despois de catro meses de protestas, volveron saír ás rúas de París para protestar pola política económica do presidente Emmanuel Macron.

Este sábado celebrouse a vixésimo primeira semana consecutiva de protestas, na que as forzas de seguridade detiveron máis de 350 persoas de forma preventiva para impedir actos violentos, que finalmente se volveron producir.
 

Noticias web

06/04/2019