CRTVG

Buscar

A policía examina os catro mil paquetes de cocaína comisados hai dez días en Galicia

Publicado o 13/05/2020 21:44

Son imaxes da policía examinando, un por un, os catro mil paquetes de cocaína de que se incautaron hai dez días a 300 millas da costa galega. Os axentes da Policía Xudicial de Madrid extraen a droga dos paquetes para fotografar os logotipos ou marcas que adoita levar o cargamento para que se saiba a que organización ou grupo criminal pertencen. Esta operación contra o narcotráfico rematou coa detención de 28 pesoas, amais da incautación destes catro mil quilos de cocaína.

Noticias web

13/05/2020