CRTVG

Buscar

A policía evita un atraco nun supermercado de Madrid

Publicado o 14/01/2020 13:47

A Policía Nacional detivo un mozo de 22 anos cando tentaba roubar nun supermercado do centro de Madrid. O detido ameazou cun coitelo os empregados do negocio, pero un deles puido saír do local e dar a voz de alerta.

Este era o momento en que varios axentes se abalanzaron sobre o mozo cando este estaba atracando o supermercado.

O detido, de 22 anos, entrara nel armado cun coitelo de cociña e ameazou os empregados para que lle deixaran levar os cartos da caixa.

Un dos traballadores puido saír á rúa e dar a voz de alerta a unha unidade da intervención policial, que foi a que logrou reducilo.

O supermercado que tentou atracar está localizado no centro de Madrid. Fontes policiais confirmaron despois que o mozo detido non tiña antecedentes delituosos.

Noticias web

14/01/2020