CRTVG

Buscar

A policía do CNI tiña a orde de vixiar a Delcy Rodríguez se viña a España

Publicado o 15/02/2020 14:56

Novas revelacións sobre o encontro que mantiveron o ministro de Transportes e secretario de organización socialista, Jose Luis Ábalos, e a número dous de Nicolás Maduro.

A policía do CNI tiña a orde de vixiar a Delcy Rodríguez se viña a España e, de feito, nas horas que estivo en Barajas os servizos secretos mantiveron baixo unha vixilancia discreta a vicepresidenta venezolana, mentres desde o Ministerio de Transportes buscaban unha saída para evitar un conflito diplomático.

Un asesor de Ábalos quedou con Rodríguez mentres se lle buscaba un voo cara a Doha.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/02/2020