A policía disolve sen incidentes unha marcha ilegal en Madrid pola liberdade de Hasél
Publicado o 20/03/2021 23:34
Un milleiro de persoas tiveron que frear o seu avance en Madrid desde a praza de Atocha ante o cordón de axentes da policía no Paseo do Prado que lles impedía avanzar. Na concentración, sen comunicar á Delegación do Goberno, ademais de lemas pola liberdade do rapeiro Pablo Hasel, que leva un mes no cárcere, pediuse a dimisión de Grande-Marlaska.
Colectivos antifascistas convocaron as protestas en distintos lugares de España. A policía impediulles seguir a marcha e a concentración rematou sen incidentes. A convocatoria realizouse polas redes sociais e a Delegacón do Goberno confirmou que era ilegal, xa que non se comunicou previamente.