CRTVG

Buscar

A policía detivo 814 persoas desde febreiro relacionadas co cultivo e tráfico de marihuana

Publicado o 08/08/2019 10:49

A demoninada operación Verde, posta en marcha pola Policía Nacional, co apoio da Interpol e de Europol, para a loita contra o tráfico e cultivo de marihuana permitiu desde febreiro deste ano, en que se puxo en marcha o plan, deter 814 persoas e desmantelar máis de 300 plantacións de cánnabis en toda España. Ademais, intervíñeronse 176.970 plantas de marihuana e comisáronse 4.516 quilos de marihuana, 5.487 de haxix, 1.748 de cocaína e 13 de heroína.

Segundo informa a Policía Nacional, trátase dun operativo pioneiro en Europa, que conta con máis de 2.000 axentes especializados, co obxectivo de investigar organizacións nacionais e internacionais, asentadas en España, e especializadas no tráfico desta substancia.

A operación Verde desenvolveuse despois de varias operacións internacionais, realizadas nos úlimos anos, en colaboración coas policías doutros países. Nelas os axentes observaron que o territorio español era a orixe da marihuana.

Os investigadores detectaron un perfeccionamento progresivo das plantacións indoor, con melloras nas selección das sementes e a xestión dos cultivos con sofisticados sistemas de fertilización, climatización e utilización de tecnoloxía de última xeración, que permiten unha produción permanente das colleitas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí