CRTVG

Buscar

A policía detén unha suposta cómplice dos roubos no barrio coruñés da Zapateira

Publicado o 17/10/2019 14:33

A Policía Nacional detivo na Coruña a presunta cómplice dos roubos que viña sufrindo a Zapateira desde o pasado mes de agosto.

Interceptárona na estación de autobuses cando se dispuña a abandonar a cidade cara a Alacante. Trátase dunha muller de 29 anos e natural de Colombia que, presuntamente, participou en varios destes asaltos. Entre as súas pertenzas levaba unha maleta de man e no seu interior unha morea de xoias de polo menos catro vivendas, pero xa foron recoñecidas e reintegradas aos seus propietarios.

A suposta ladroa, que consta cunha detención anterior, foi posta a disposición xudicial e decretouse o seu ingreso en prisión provisional. A investigación segue aberta e non se desbotan novas detencións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019