A policía detén oito pedófilos en Madrid e outras provincias
A Policía Nacional detivo oito pedófilos por acosaren a través da Internet a menores de idade. As detencións producíronse en seis provincias de toda España, e un dos acosadores contaba con numerosos antecedentes.
A operación saldouse con detencións en Madrid e outras seis provincias, e arrancou en abril de 2017, tras a denuncia que a nai dunha menor formulou a través do correo electrónico da Policía. As sospeitas xurdiron dun anuncio falso. Dixo María Fernández, a portavoz da policía:
"Unha suposta axencia de modelos que solicitaba menores de idade para seren modelos de roupa interior".
Con ese e outros enganos, pasaban do acoso telemático a relacións sexuais. Segundo Fernández:
"Ademais de acosar a menor, tamén lle propoñían encontros sexuais, e un deles, debido á proximidade da vivenda, conseguiu manter esas relacións".
Os detidos estaban vinculados polo acoso de todos a unha nena de trece anos. Un dos arrestados contaba con antecedentes.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí