CRTVG

Buscar

A policía detén o ancián 'raiacoches' de Vigo por orde xudicial

Publicado o 07/02/2019 18:04

Despois de numerosas identificacións arrestárono. Este home, de 79 anos, é coñécido en Vigo como o 'raiacoches'. E é que a iso se dedica, a raiar coches e a colocar escarvadentes nas pechaduras dos portais e dos vehículos estacionados. Actúa, sobre todo, no barrio do Calvario, onde os veciños levan denunciando a situación desde hai anos. Algúns ata o seguiron no seu percorrido para evitar que siga actuando.

O agora xa detido foi trasladado aos calabozos da Policía Nacional e a primeira hora de mañá pasará a disposición xudicial. Terá que responder por unha causa penal en que a Fiscalía pide unha condena de 16.200 euros de multa. Este xuízo debía celebrarse o pasado mes de decembro pero suspendeuse porque o ancián non se presentou. Foi neste momento cando ditaron a orde de busca e captura.

Noticias web

07/02/2019