A policía detén dous menores acusados de ter o pai encadeado a unha parede durante oito días
Publicado o 28/07/2021 21:03
En Madrid, a policía detén dous menores acusados de ter o pai encadeado a unha parede durante 8 días. Os axentes arrestaron ademais a parella dun deles.
Foron uns veciños os que deron a voz de alarma ao ver que o home pedía socorro por unha ventá. Cando os axentes chegaron á vivenda, os rapaces dixeron que tiñan o seu pai atado porque tiña problemas mentais. O cuarto estaba en condicións insalubres e só tiña un colchón no chan. A vítima foi trasladada ao hospital de Torrexón de Ardoz.