CRTVG

Buscar

A policía deten o suposto autor de varios roubos na Coruña e busca outros dous

Publicado o 07/10/2019 14:35

A Policía Nacional busca os cómplices do home detido en flagrante nas últimas horas na Coruña, cando supostamente intentaba roubar nun chalé da zona da Zapateira.

Trátase de dúas persoas que conseguiron fuxir campo a través, entre elas unha muller que, segundo as autoridades, se encarga de controlar as vivendas e de seleccionar os obxectivos en función dos horarios dos residentes.

Os veciños pídenlle á policía que continúe traballando e reclaman máis presenza dos axentes na zona.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019