CRTVG

Buscar

A policía desartella a banda que atracou a cervexería Estrella Galicia da Coruña

Publicado o 14/03/2019 22:05

Tres meses de investigación levaron a Policía Nacional á detención de 4 membros dun grupo criminal responsables polo menos de dous roubos con violencia e intimidación. Un deles o asalto en decembro do ano pasado a esta cervexería na Coruña. Os ladróns abordaron a vítima cando saía coa recadación do negocio para ingresala nunha sucursal bancaria. Golpeárono coa culata dunha pistola e levaron un botín de 37.000 euros.

O que facían era realizar unha vixilancia previa sobre os encargados do local que levaban a recadación bancaria habitualmente. Uns clientes habituais da propia cervexería eran os que marcaban o obxectivo e vixiaban o encargado e dábanlles a información aos que executaban o roubo.

Os detidos son dous españois con numerosos antecedentes por roubo con violencia, un arxentino con antecedentes no seu país por asaltos á man armada e un colombiano con antecedentes por homicidio en grao de tentativa.

"Nos rexistros domiciliarios atopáronse catro armas semiautomáticas intervidas e numerosa cartuchería, nalgún caso son fusís de guerra".

Os detidos son tamén os autores dun asalto cunha arma de fogo a un domicilio na cidade en novembro de 2018 en que roubaron cartos e xoias. A policía mantén aberta a investigación porque considera que a banda pode ser responsable tamén doutros delitos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019