CRTVG

Buscar

A Policía desaloxa os peiraos do Sena, en París, abarrotados malia as restricións

Publicado o 06/03/2021 19:11

A rexión parisina está en alerta máxima cunha taxa de incidencia moi superior á media nacional de 25 casos positivos por 100.000 habitantes. A policía desaloxou este sábado os peiraos do río Sena en París despois de considerar que a alta concentración de persoas non permitía respectar as medidas de saúde pública necesarias para evitar a expansión do coronavirus.

As autoridades rexionais reclamaban un confinamento nas fins de semana pero non se acordou, pero a zona está en alerta máxima. A situación levou á prefectura a prohibir desde o venres o consumo de alcol nas zonas de reunión da capital, entre elas as beiras do Sena e pechar todas as superficies comerciais de máis de 10.000 metros cadrados.

As boas temperaturas desta fin de semana levaron os parisinos a botarse ás rúas, como está a ser habitual desde que melloraron as condicións meteorolóxicas hai dúas semanas. Esto levou a decidir a intervención policial para desaloxar a multitude congregada.

Mentres, outras zonas como Pas de Calais e Dunquerque, no norte, ou Niza, na costa azul, están confinadas as fins de semana ante a preocupante propagación do virus.


 

Noticias web

06/03/2021