CRTVG

Buscar

A policía desaloxa 200 persoas nunha discoteca de Vigo

Publicado o 06/07/2020 10:10

Aos axentes chamoulles a atención que un par de mesas da terraza, que tiñan que estar recollidas un par de horas antes, seguisen na beirarrúa ás catro da mañá e decidiron acceder ao interior.

O xerente do pub recoñece que xa tomara a decisión de pechar por mor do comportamento dos clientes, moitos deles sen máscara, e que mesmo agradeceu a presenza da patrulla.

Co que non concorda o empresario é co apuntamento que figura no atestado sobre o exceso de ocupación por riba dos dous terzos permitidos. Asegura que a cabida estaba controlada cun rexistro de entrada.

Tamén en Moaña un local foi desaloxado porque os clientes non levaban máscara, que é obrigatoria, asemade, no ocio nocturno.

 

Noticias web

06/07/2020