A Policía desaloxa 13 festas ilegais en Santiago na fin de semana
Publicado o 08/03/2021 16:47
Os estudantes están de volta en Compostela. Regresa a vida ao campus, ás terrazas, ás bibliotecas, pero tamén a irresponsabilidade duns poucos que se fan notar moito.
No inicio do curso chegaron a desaloxarse máis 30 celebracións nunha noite. Agora son moitas menos e a multa moito maior, pero segue habendo quen arrisca a saúde e os cartos por unha noite de festa.
Festas sen máscaras nin distancias que poderían poñer en perigo a mellora da situación sanitaria na capital e que eclipsan o comportamento respectuoso da maioría dos estudantes.
Desde o Concello fan un chamamento ao ocio responsable mentres a policía reforza os controis en festas, botellóns, terrazas e bares da capital.