A policía desaloxa centos de persoas que celebraban as festas do barrio barcelonas de Sants
Publicado o 25/08/2021 15:16
Sen distancia de seguridade e sen apenas máscaras. Despois de que o Tribunal Superior de Xustiza tombara os novos toques de recollida solicitados pola Generalitat, centos de persoas pasaban o tempo entre bailes e actuacións espontáneas na primeira noite de festas do barrio de Sants en Barcelona.
Ás dúas da mañá a policía decidiu intervir e dispersou unhas mil persoas que se resistían a marchar para a casa. A maioría non opuxo resistencia, algúns lanzaron botellas aos axentes, pero non se produciron disturbios graves.
As festas na capital catalá están a ser un quebracabezas para as autoridades sanitarias, políticas e as forzas da orde pública.
A festas de Sants, que acaban de empezar, vanse prolongar ata a fin de semana.