CRTVG

Buscar

A Policía comisa máis de mil quilos de cocaína en Huelva

Publicado o 29/01/2021 23:10
A Policía comisa máis de mil quilos de cocaína en Huelva

A Policía Nacional incautouse de máis dunha tonelada de cocaína en Huelva

Axentes da Policía Nacional incautáronse en Huelva de máis de mil quilos de cocaína. A operación foi desenvolvida por membros do Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (GRECO) e o grupo antiestupefacientes da Policía de Huelva. Comezou contra as dúas e media da tarde e prolongouse ata as dez e media da noite. A droga foi achada nun garaxe, agochada en ducias de bombonas de gas carbónico. No operativo foi detida polo menos unha persoa. A operación policial segue aberta e o xuíz decretou o segredo de sumario.
É o segundo alixo de cocaína en importancia comisado na provincia de Huelva en menos dun ano.