A policía de Viveiro recupera un fardo de cocaína nunha praia da Mariña
Publicado o 06/08/2019 14:30

A Policía Nacional de Viveiro recuperou un fardo de quilo e medio de cocaína que apareceu na praia de Area. Foi unha parella que paseaba polo areal a que atopou o fardo e avisou os axentes, que se fixeron cargo do mesmo.
Unha primeira análise toxicolóxica sinalou que se trataba de droga de gran pureza. Polo debuxo que traía no exterior, desbótase que forme parte do grupo de paquetes de cocaína que apareceran o verán pasado por toda A Mariña.
Unha das hipóteses é que se trate dun fardo que tiraron ao mar os traficantes ante o temor de seren descubertos. A droga podería ter un valor no mercado de ata 90.000 euros.