CRTVG

Buscar

A policía de Poio identifica o suposto autor de roubos na praia de Lourido

Publicado o 16/09/2019 14:40

A Policía Local de Poio abriu unha investigación para dar cos autores de dous roubos denunciados a fin de semana na praia de Lourido. Nos dous casos hai coincidencia no modus operandi.

Nun momento en que a vítima se afasta das pertenzas que ten sobre o areal, róubanlle a chave do coche e van ao aparcadoiro para levarlle cartos e obxectos de valor que poida ter dentro.

Todo apunta a que o ladrón vixía as súas vítimas desde que chegan ao aparcadoiro. Dun dos coches levaron só cartos.

A Policía Local de Poio ten identificado un presunto autor dos feitos e, tras recibir as denuncias, alertou para previr os numerosos bañistas que esta fin de semana desfrutaban do verán no areal de Lourido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019