CRTVG

Buscar

A policía de Lugo intervén un botellón e dúas festas en pisos

Publicado o 08/01/2021 13:01
A policía de Lugo intervén un botellón e dúas festas en pisos

A Policía Local interveu un novo botellón de rapazada no parque Rosalía de Castro de Lugo. No operativo foron identificados varios mozos que estaban consumindo bebidas alcólicas, entre eles unha menor de idade. Os axentes requisaron as bebidas e alertaron a nai da menor.

Ademais tamén tiveron que intervir en dúas festas que se estaban a celebrar en senllos pisos da cidade. En ambos os dous casos foron os veciños os que alertaron a policía polos ruídos causados polos rapaces.

Noticias web

08/01/2021