CRTVG

Buscar

A policía de Arizona utiliza pistolas eléctricas para deter un home co seu bebé nos brazos

Publicado o 08/11/2019 13:42

Nos Estados Unidos, a policía de Tempe, en Arizona, utilizou pistolas eléctricas para reducir un home que levaba nos brazos o seu bebé dun ano, que non sufriu danos. O home foi arrestado por violencia doméstica, pero os cargos foron retirados, e agora vai denunciar o departamento de Policía Local.

Esta é a secuencia do arresto:

Policía 1: "Debes deixar o neno. Non quero que o teu bebé saia mancado"
Policía 2: "Podes darme o bebé?"
Home: "Non me toques! Deixa de tocarme!"
Policía 1: "Faino. Faino. Faino".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019