A policía da Coruña endurece o control sobre o paseo de mascotas
Publicado o 06/04/2020 14:22
Na Coruña, a Policía Local está a endurecer o control sobre o paseo de cans durante o estado de alarma, porque di que hai quen con esta escusa aproveita para facer deporte ou dar unha volta.
Segundo os axentes, non están permitidos os paseos longos, nin tampouco que os animais teñan contacto entre eles. Só se pode sacar o can para cubrir as súas necesidades fisiolóxicas.
Os que non o fagan enfróntanse a unha sanción económica, igual que aqueles que non desinfecten os restos dos seus animais.