CRTVG

Buscar

A Policía comisa drogas e armas nun 'after' da rúa Panadeiras da Coruña

Publicado o 05/07/2019 14:10

Á primeira hora da mañá, a Policía Local da Coruña realizou unha redada nun after do Orzán. Aconteceu neste local próximo a Panadeiras. Aquí, un amplo dispositivo policial inspeccionou as instalacións e identificou varios clientes. Lograron levantar máis de dez actas de drogas e requisaron varias armas, entre elas, unha pistola eléctrica e unha porra extensible. E precisamente nas inmediacións deste after foi onde o martes pasado un mozo intentou agredir outro cun coitelo.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019