CRTVG

Buscar

A policía comeza a investigar o lume no Ceao, que obriga a derrubar tres naves

Publicado o 15/04/2021 14:25

Logo de catro días en que houbo que agardar que os bombeiros rematasen o seu traballo enfriando as naves afectadas, esta mañá os axentes da Policía Científica tomaban xa fotografías e rastrexaban o interior da nave en que, ao parecer, comezou o sinistro. Trátase, precisamente, dunha das tres que terán que ser derrubadas, xa que os informes técnicos sinalan que presentan graves danos estruturais. Nelas funcionaban unha empresa de pinturas e outra de pneumáticos.

Son, precisamente, as que tiñan almacenados máis produtos inflamables, polo que o impacto das lapas foi devastador. Agora é o momento de pensar onde retoman a actividade e tamén de preparar xa os proxectos de demolición, como nos contaban os propietarios das dúas empresas máis afectadas.

Noticias web

15/04/2021