A policía colle na allada un home cando roubaba 140 colonias nunha tenda da Coruña
Publicado o 25/05/2021 14:25
Asaltou unha tenda de roupa na Coruña para intentar levar ducias de frascos de colonia. Ao ladrón detívoo a policía dentro do local, situado na rúa Compostela. Entrara na tenda despois de forzar a porta; colleu catro mochilas e encheunas de frascos de perfume de distintas gamas, entre eles, 56 envases de probadores. Xa tiña o botín listo para marchar cando o colleu a policía. O material que pretendía roubar foi valorado en máis de 1.200 euros.