CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A Policía Científica únese á investigación do incendio no que morreu unha veciña na avenida do aeroporto de Vigo

Publicado o 11/09/2018 21:19

Continúa aberta a investigación sobre o lume nun edificio da avenida do aeroporto Vigo que se cobrou a vida dunha veciña de 68 anos.

A análise exhaustiva de pistas comas as que as podan achegar sobre o caso as probas que os axentes da policía científica xa recolleron no edificio da avenida do Aeroporto en Vigo, axudará a explicar por qué comezou a arder o salón dunha das vivendas do sétimo andar no que xa sen vida apareceu o corpo dunha veciña de 68 anos, con dous animais de compaña. Suceso especialmente doroso para os habitantes dos andares superiores do eficio, tamén familiares da vítima.

Sete persoas requeriron asistencia sanitaria por inhalación de fume e malia que algúns veciños conseguiron saír polo seu proio pé, todos os veciños tiveron que ser desaloxados dos seus fogares, temporalmente.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/09/2018