CRTVG

Buscar

A Policía Científica investiga máis de 1.600 incendios e explosións sospeitosas ao ano en España

Publicado o 03/10/2020 12:21

Os especialistas de incendios da Policía Nacional investigaron durante o ano 2019 un total de 1.634 sinistros, o que supón unha media de catro diarios, entre os que hai incendios de vehículos ata grandes lumes en naves industriais ou edificios.
Os axentes de seguridade son os encargados de comprobar e esclarecer as causas dun incendio ou unha explosión sospeitosa de criminalidade.

O seu labor é fundamenal á hora de analizar os orixes de fogos e explosións de gran relevancia como os ocorridos este ano nun edificio madrileño de 20 alturas ou nun hotel de Marbella que causou a morte dunha persoa. Neste caso a investigación fixo posible deter a dúas persoas que provocaron intencionadamente o cortocircuíto que provocou o desastre.





 

Noticias web

03/10/2020