A Policía Científica investiga as causas dun incendio nun local de ensaio da Coruña
O lume orixinouse nun estudio de gravación situado no soto dun inmoble do barrio coruñés de Monte Alto. Nese momento varias persoas estaban tocando noutra das salas. Viron o lume e chamaron o 112. Saíron á rúa. E nós tivemos que desaloxar os veciños dese inmoble, algúns coa escada dos bombeiros, e tamén do lindeiro", explica Carlos García Touriñán, director de Seguridade Cidadá da Coruña.
As lapas devoraron varias salas de ensaio e causaron importantes danos materiais nas restantes.
Os veciños seguiron ben de preto os traballos dos bombeiros, que tiveron dificultades para sufocar o lume, porque o soto non ten ventilación nin outro acceso que a entrada ao inmoble.
Todo quedou nun gran susto e non houbo danos persoais. A Policía Científica é quen se encarga agora de esclarecer que foi o que pasou.