CRTVG

Buscar

A policía captura unha serpe no garaxe dunha vivenda en Matamá

Publicado o 26/06/2020 13:59

A retirada de serpes en Vigo non cesa. A última atrapouna a Policía Local nun garaxe. Un veciño de Matamá alertou as forzas de seguridade despois de ver que o animal, un exemplar macho de serpe bastarda, estaba metido no mecanismo de peche do portalón.

Despois dunha complicada operación, en que chegaron a intevir 4 axentes, lograron capturar a serpe e liberárona no seu hábitat natural.

Noticias web

26/06/2020