CRTVG

Buscar

A policía busca o home que matou presuntamente a súa muller en Madrid

Publicado o 17/08/2019 15:10

Madrid, onde ocorreu o crime, e Paredes de Nava, en Palencia, de onde era natural a vítima, María Pilar, están de loito oficial, mentres a policía segue á busca da súa parella e presunto asasino.

Un amigo do fuxido foi quen avisou as forzas da orde e explicou que o home o chamara para que o axudase a desfacerse do cadáver.

Os axentes presentáronse no domicilio de María Pilar, no barrio de Tetúan, e tras derribar a porta atoparon o corpo sen vida da muller, de 49 anos, con golpes na cabeza e acoitelado.

María Pilar figuraba nun sistema de seguimento de casos de violencia de xénero desde que en novembro unha patrulla policial viu o home golpeándoa na rúa. Os axentes detiveron daquela o agresor aínda que ela non quixo interpoñer denuncia nin pedir a orde de protección.

María Pilar, que era cirurxiá no hospital La Princesa de Madrid, tiña un neno menor de idade. O pequeno non estaba na casa cando ocorreu o crime.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2019