A policía busca as persoas que amordazaron na cama o cura de Covas, en Viveiro
Publicado o 22/06/2021 10:10

A Policía Nacional busca as persoas que amordazaron na cama o cura de Covas, no concello lucense de Viveiro, para roubaren na casa parroquial. Os feitos aconteceron na madrugada do luns cando catro ou cinco persoas, segundo fontes policiais, accederon ao interior da vivenda.
Os asaltantes sorprenderon o cura cando durmía, inmobilizárono na cama e rexistraron a casa reitoral. Levaron cartos e o recadado nas doazóns recollidas na igrexa. Axentes da comisaría de Viveiro seguen coas pescudas para esclarecer este roubo e dar cos seus autores.